Noticias

Xornada de Portas abertas

VEN A COÑECERNOS!

SÁBADO 24 DE FEBREIRO ÁS 11:30 H

Para unha mellor organización e atención,confirma a túa asistencia no 981 322796

 

O correo de San Valentín

 

Os participantes no concurso "O correo de San Valentín" xa están expoñendo os seus traballos no espazo disposto para a ocasión.
O amor aparece reflectido nos textos dos alumnos de Secundaria en catro linguas: galego, castelán, francés e inglés.
Ao longo dos vindeiros días, coñeceremos aos premiados deste febreiro de 2018.
 
 

 

¡ Repartiendo AMOR, en forma de galleta !

Los alumnos de 4º de la ESO, no dejaron pasar el día de San Valentín, sin repartir por el cole mucho amor en forma de galleta. 

Hicieron todas las galletas que les encargaron para recaudar dinero para su excursión de fin de curso.

Todos los que las recibíeron, estaban encantados,. Pudieron convertirla después, en una forma muy bonita de expresar su amor a quien quisieran.

Imágenes del reparto. 📷

Unha Granxa escola na clase.

A semana pasada tocou traballar as aves en 2º EP.  Todo comezou o luns.  A clase convertiuse nunha pequena granxa escola onde os granxeiros e granxeiras mimaron con moito agarimo os ovos e crías de galiña e codorniz. Metéronse nunha incubadora e calculouse para que empezasen a nacer entre o martes e mércores.

A primeira en saír... unha cría de galiña! Os nenos chamáronlle Nuggets. Foi unha gran alegría para os rapaces e rapazas. O xoves, xa había máis de vinte crías. Visitáronnos os compañeiros de infantil e primaria.  E o mellor é a gran aprendizaxe dos rapaces e a sensibilidade que mostraron durante toda a semana.

Unha experiencia única, emocionante e moi enriquecedora!

 

Festa do dragón

BENVIDO  Moli!

Sobre  as 10:30 h desta  mañá,  os nenos de 4 anos puideron ver  dende  as súas aulas como o seu amigo chegaba  ao patio  do cole  enriba dun enorme  dragón! (Grazas ao alumnado da ESO pola colaboración).

Nunha balanza que  pousaba nos ombreiros, traía  unha  chea de  agasallos para repartir entre todos:  chuches chinesas, paliños chineses, un  traxe de seda, dous parasoles, e ata uns saquiños de té!
Emocionados e agradecidos  pola sorpresa, prepararon  unha  festa para  recibilo como se merece; música,  contos, bebida, comida... e  unha preciosa decoración!
 
Preme para ver imaxes.