Noticias

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

 

 

 

Si estas buscando colexio para os teus fillos, o día 23 de febreiro as 11:00 facemos unhas xornadas de PORTAS ABERTAS nas que TE ESPERAMOS.

 

Tamén podes solicitar a túa cita

chamando ao teléfono

981322796

Family Experience

 
Temos que anunciar que por un proceso vírico da cantante do grupo, temos que pospoñer o concerto na Compañía de María previsto para este sábado 23 de febreiro.
 
Agardamos que se recupere axiña e poder facer ese concerto especial Rosalía de Castro canto antes.
 
Moitas grazas.

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O pasado luns o noso centro celebrou o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia.
 
Como centro pioneiro que somos na educación a mulleres e nenas, temos unha especial sensibilidade pola loita por un mundo máis igualitario e xusto entre homes e mulleres. Froito desta sensibilidade naceu esta iniciativa que desenvolvemos conxuntamente coa plataforma 11F, a OIX (Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC) e AMIT (Asociación Española de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas).
 
O proxecto que realizamos foi transversal a todas as etapas educativas do centro. De xeito xeral decoramos os corredores do centro con motivos que aludían á celebración do día, tivemos unha exposición sobre mulleres científicas cedida pola OIX e AMIT e visionamos videos de sensibilización en todas as etapas.
Read more

A búsqueda do tesouro

Despois de moito investigar... Por fin chegou o gran día!!!!
Coa axuda dos soldados, e das pistas atopadas... puidemos descubrir o tesouro, escondido no Castelo de San Felipe!!!!
Foi unha mañá chea de misterio, aventura e moita emoción!!
 
 

San Valentín 2019

A árbore da nosa biblioteca rematou o día cheo de corazóns con palabras de agarimo grazas ao alumnado de todo o colexio.

 

Especial día da Radio 2019

Programa especial para celebrar o Día da Radio.

O programa foi realizado polos alumnos do Club de Radio do Colexio Compañía de María coa colaboración de alumnos/as de Primaria.

 

📻  Enlace para escoitar o programa.  🎙

(Tamén na sección Compañía na onda desta páxina web).

 

Paz 2019

 

O mércores 30 de xaneiro, toda a comunidade educativa da Compañía de María, celebramos un pequeno acto para conmemorar o DENIP (Día escolar da non-violencia e da Paz).

O seu obxectivo é  promover unha mensaxe de renuncia a danar aos demais seres  e fomentar a acción non- violenta e respecto por nós mesmos e polos demais. 

Primeiro fíxose lectura dun manifesto. Despois cociñamos unha saborosa "Receita de Paz", á que fomos engadindo, cada curso, saborosos ingredientes para facer unha receita saudable con produtos naturais e ecolóxicos: xustiza, amizade, amor, alegría, xenerosidade, solidariedade,  empatía, amabilidade, respecto, liberdade, paciencia, responsabilidade e confianza.

Levamos a palabra paz en diferentes idiomas, fixemos un baile (Eu contigo, ti comigo) e finalmente... entrelazamos os nosos eslabóns con desexos de paz, formando o símbolo do infinito, (imaxen do lema deste ano, - "Comigo, contigo, en Compañía).

 👉👉👉 Enlace Prensa: Voz de Galicia.


PAZ!!!!!!