Lenda Ártabra

O vindeiro sábado 6 de abril poderemos disfrutar doutra xornada máis de Family Experience. Desta volta dun concerto do grupo de música🎤🎶 folk "Lenda Ártabra" ao que pertencen dous profes do noso cole: Alberto Hermáns🧔 e Mundo🧔🏿. Interpretarán temas recollidos dentro dos dous discos que xa teñen no mercado. 


Estarán acompañados das cantereiras "Ghaldaripas" 👱🏾‍♀️👩👱‍♀️👩‍🦳👩🏻👩🏼.
Xa sabedes, sábado 6 de abril ás 11:30h no salón de actos con entrada gratuíta ata encher o aforo. Poderase aparcar no patio do colexio.