Visita 4ºEP: Gadis Alimentación

Os alumnos/as de 4 de EP do Colexio Compañía de María acudiron na mañá de hoxe ao Gadis, a unha sesión onde lles ensinaron aspectos relacionados coa alimentación. 
 
Explicáronlles a pirámide nutricional e os hábitos de alimentación saudable, ademais pasaron por todas e cada unha das seccións do establecemento mentres lles explicaban as súas características e peculiaridades.
 
Unha visita enriquecedora e da cal levaron finalmente un pequeno agasallo!!!