6ºEP Castro de Viladonga-Meira

O pasado xoves 11 de abril, sexto de primaria estivo de visita no Castro de  Viladonga en Castro de Rey, (Lugo). Aproximadamente a unha hora e un pouco máis desde o noso cole. A viaxe transcorreu ben pero con néboa, o que fixo que nos atrasásemos un pouquiño na nosa chegada.
 
Recibíronnos e levaron a unha sala onde nos mostraron un vídeo para situarnos e centrarnos no taller arqueolóxico que a continuación fixemos por grupos. Descubrimos e explicáronnos o que ata agora sabemos dos primeiros poboadores daquela zona, que grazas ao xacemento e ao museo podemos contemplar.
 
Cando acabamos, trasladámonos, "famentos" a Meira, que está moi preto de alí. Nunha ampla praza, á beira da igrexa comemos todos xuntos e descansamos e xogamos un pouco. 
 
Despois, trasladámonos ao Pedregal de Irimia, onde localizamos o nacemento do Miño. É un enclave  hidrográfico natural situado na ladeira oeste da Serra de Meira, a 3 quilómetros da vila. "Ou Pedregal" é similar a un río de pedras, dunhas pedras moi grandes organizadas de forma curiosamente natural, como un embude.
 
E por último, pouco máis abaixo de Meira, no veciño Municipio da Pastoriza atópase a “ Lagoa de  Fonmiñá“. Nesta pequena lagoa de 350  m2 , emerxen as augas subterráneas de mananciais que descenden da montaña, aflorando á superficie as primeiras augas do río Miño. A área recreativa da “ Lagoa de  Fonmiñá” foi acondicionada cun paseo de madeira que nos permitiu percorrer os primeiros pasos do río Miño, e desde o que se inicia a ruta de sendeirismo “ Augas de  Fonmiñá“. 
 
E como xa era hora de regresar... subimos ao bus e de regreso para o cole. 😀