Un mar de muñeiras. (Día das letras Galegas 2019)

O día 10 entre as 10,30 e as 12:30 horas celebrouse, nas instalacións dos estaleiros Navantia de Ferrol, a actuación de máis de 660 alumnos e alumnas de centros educativos da comarca para bailaren en común unha muiñeira que interpretada en directo pola Banda das Crechas.

Este acto, bautizado co nome de “Un mar de muiñeiras” está avalado polo CFR de Ferrol dependente da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Ordenación Educativa, e organizado conxuntamente co Grupo de Traballo de Danza Tradicional do mesmo CFR Ferrol.

Conta coa colaboración e de modo especial de Navantia Ferrol, quen cedeu unha das súas naves para realizar e gravar a actuación, implementando así no proxecto a simboloxía de realizarse nun lugar emblemático da nosa comarca, como é o estaleiro, santo e seña da continuidade histórica na nosa bisbarra da vella tradición dos afamados carpinteiros de ribeira da Ría de Ferrol, que sabemos documentalmente foran xa solicitados polo corsario Antón de Garay no século XVI. Concédese así validez plena ao anceio dos orgaizadores de irmandar nun mesmo acto a tradición da construcción naval na bisbarra e o baile tradicional de Galicia.

(Fonte: www.21noticias.com 7/5/19)

👉 Noticia: La Voz de Galicia

👉 Televisión de Galicia

👉 Televisión de Galicia 2