Banco de alimentos 24 ao 25/5/19

Compartir. Di o dicionario que é a acción que consiste en participar en algo, acción de repartir, dividir, distribuír algo en partes. Para nós… é tamén un xesto de acollida.

Acollida… COMIGO, na miña forma de ser, estar e actuar. Dispoñible e con actitude de servizo.

Acollida… CONTIGO, dende a alegría, a humildade e a hospitalidade do noso día a día.

Acollida… EN COMPAÑÍA, enchendo as nosas mans, prestando unha mirada atenta a todo aquilo que nos rodea.

Grazas a todos/as os que dunha ou outra forma, desde esta Comunidade Educativa, ao longo do ano, axudaron desinteresadamente con alegría de corazón nesta e en tantas outras accións solidarias emprendidas desde o noso cole.

Comigo, contigo, e… nesta ocasión no banco de alimentos, en Compañía.