Compañía na Onda dará noticias e entrevistas na Semana das Ciencias

Onte, dende Compañía na Onda, algúns alumnos do club da radio escolar de 4º da ESO, compartiron nas ondas unhas noticias relacionadas coa Semana da Ciencia e contáronnos todos os actos que haberá. Celebrarase entre o 7 e o 11 de outubro en colaboración coa Real Academia Galega da Ciencia. Puxéronse a traballar tamén nunha entrevista que realizarán a vindeira semana a un científico moi importante e recoñecido, Miguel Vidal.

Non volo podedes perder! Viva A Ciencia!

Esciota e descarga os episodios de ESPECIAIS COMPAÑIA NA ONDA neste enlace  e no  icono da web.
Programa especial sobre a Semana da Ciencia que se celebrará o día 8 de outubro do 2019. Programa gravado no estudo de radio Compañía na Onda do colexio Compañía de María de Ferrol