Carácter Propio

Fai  uns días presentamos ao noso  claustro o novo lema do ano: “Escoita”actitude humilde e sinxela de escoitar, empezando por escoitar a un mesmo  aos outros e a Deus. 

Tamén  demos a coñecer un novo e ilusionante  proxecto para desenvolver unha formación sobre o Carácter Propio dos nosos centros. Dita formación ten como obxectivos principais: afondar na nosa identidade, ser continuadores do proxecto educativo evanxelizador de Santa Xoana de Lestonnac e definir o perfil de educador Compañía de María.