II Encontro Nacional de Grupos Lestonnac

Escoitándonos!!!
 
Os días 25,26,27 de outubro reunímonos os 20 colexios Compañía de María de Grupos Lestonnac, para poder ESCOITARNOS e compartir entre todos nós unha fin de semana inigualable.
 
Vivir en familia e compartir a Fe uns cos outros, foi dos aspectos máis fundamentais desta experiencia, aprendendo todos de todos e cun obxectivo común, sempre por e para os nenos e nenas dos Grupos  Lestonnac.
 
Compartimos risas, momentos de reflexión, alegría e sobre todo moita ilusión.
Esperamos con ansia todos os monitores que formamos esta familia, o seguinte reencontro formativo de Grupos  Lesctonnac!