Teatro e E.P.

Cada día son máis habituais as fraudes tecnolóxicas. Desde a intrusión con software de control remoto, Apps que duplican as SIM, captación de identidades e outros perigos menos evidentes coma o cobro por incrementar a calidade dos videoxogos gratuitos, a descarga de tons ou as votacións en programas televisivos, moita mocidade vese afectada por este tipo de estafas.

Os protagonistas desta obriña, Héctor, Helena e Alejandro, veranse tamén perante esta situación fraudulenta.

Dende o programa de Educación Financeira de Afundación preténdese dar resposta a esta problemática, tratando de concienciar aos alumnos destes riscos e da necesidade de saber como protexer as súas finanzas persoais. 

Todo isto, no espectáculo... "Troya"!