Banco de Alimentos. (Nov. 2019)

Desde o colexio entendemos que a nosa labor educativa, non se cingue exclusivamente á formación académica dos nosos alumnos, senón que xuntos temos que asumir valores fundamentais para a vida. 

Unha vida na que non estamos sós. Moitas persoas viven nela e temos que ser conscientes desa realidade. Tentamos fomentar valores onde os demais estean presentes. Valores que nos sirvan para ESCOITAR e ver o que ocorre ao noso redor e nos axuden a actuar en consecuencia, non quedándonos de brazos cruzados ante as necesidades humanas.

Por iso animámonos a colaborar e ser solidarios con xestos concretos, representados, neste caso, na recollida do Banco de Alimentos. É unha forma máis, de facer real o noso lema deste ano… escoito, escóitote, escoitámonos,… e escoitamos a Deus.

Grazas a todos os que colaboran de corazón, entregando alimentos. Aos que comparten o seu tempo e colaboran de boa fe neste tipo de accións.