Meu avó, Miña avoa, no Nadal.

Na actividade de contacontos de Nadal celebrada na biblioteca do colexio,

participaron uns membros moi importantes das familias: os avós e as avoas.

Grazas á súa ilusión e bo facer, puidemos disfrutar moitísimo escoitando as historias que elixiron para a ocasión.

A súa imaxinación, tenrura e agarimo encheron estes días dunha maxia moi especial.

Grazas avós!

Grazas avoas!

Feliz Nadal!