Un reto desde a biblioteca

Desde a biblioteca do colexio, animámosvos a disfrutar da lectura nestes días difíciles. Non debemos saír á rúa pero sabemos que a imaxinación non ten fronteiras e permítenos viaxar máis aló da nosa casa, da nosa cidade, do noso país, do noso tempo... E que mellor que facelo de maneira conxunta, compartindo coa familia libros, textos, cancións, películas, xogos...

Aquí tedes unha pequena selección de retos lectores, aínda que existen moitos máis; mesmo podedes crear os que se adapten á vós.

Que a lectura vos axude a saír do confinamento e que sexa un bálsamo que procure serenidade netes tempos excepcionais. Pica aquí

Moito ánimo!