Comezo do curso 20-21

Benqueridas familias:   

Comezamos un novo curso e desde o Equipo Directivo e o claustro de profesores estamos a elaborar e implementar todas as medidas que están nas nosas mans para proporcionar a volta ás aulas o máis segura posible,  seguindo os protocolos que, até o día de hoxe, indícanos as Consellería de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia.   

Sabemos que son momentos de incerteza e preocupación para toda a comunidade educativa polo que comunicarémosvos puntualmente  pola plataforma Educamos e pola web  todas as medidas e decisións que afectarán tanto ao inicio do curso escolar coma ao día a día do noso alumnado e das familias.

Lembrade que podedes poñervos en contacto con nós e que estamos á vosa disposición a través do correo do buzón de suxestións: Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.

Esperamos  que vos atopedes ben.

Un saúdo.

O Equipo Directivo.