Seguimos a protexernos conta a COVID 19
Benqueridas familias:
Toda a comunidade educativa observamos con preocupación a evolución xeral da pandemia é, moi especialmente, a situación en Ferrolterra.
Por iso, pedímosvos unha vez máis, que sexamos rigorosamente precavidos nestes momentos no cumprimento das normas.
.Lembrade que, moitos dos síntomas da COVID-19 son comúns a outros procesos habituais nos nenos e nenas pero que, nestes momentos, imposibilitan a súa asistencia a o colexio, até que o pediatra descarte a posibilidade de ter COVID.
Segundo o protocolo da Consellería de Sanidade recolle moi claramente os síntomas da COVID-19 que poden presentar os nenos e nenas:
Febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.
Se os vosos fillos e fillas son contacto directo cunha persoa que, aínda que non é positivo confirmado, ten síntomas e está á espera de facer unha PCR ou do seu resultado, é obrigado que non veña ao centro até saír de dubidas.
.Lembrámosvos a importancia de usar correctamente a máscara, que sexa do tamaño axeitado á cara do neno ou nena, que o alumnado teña sempre unha de reposto e que veñan limpas e adecuadas para o seu uso.
. Pedímosvos tamén que teñades os vosos teléfonos sempre operativos xa que, de presentar os vosos fillas algún síntoma, será illado na sala COVID ate que veñades a recollelos.
Pregámosvos que faledes cos vosos fillos e fillas e lles recalquedes a importancia que teñen.
- Non facer grupos na entrada e saída do colexio; manter a distancia en todo momento.
- Utilizar correctamente a máscara.
- Manter a separación ao falar cos compañeiros.
- Á hora de tomar o almorzo de media mañá, non falar e manter a distancia de separación entre todos.
- O alumnado de secundaria debe entrar escalonadamente durante os quince minutos que teñen para facelo.
So facendo un equipo responsable estaremos protexidos. Dende o colexio poñemos todos os días o que está nas nosas mans.Nestes tempos difíciles, toda a comunidade educativa, familia, alumnado, persoal docente e non docente, temos que facer un esforzo tanto individual coma colectivo, para protexernos, coidarnos e coidalos.
Moitas grazas pola vosa colaboración.
Saúde para todos.
O Equipo Directivo.