Calendario

As actividades lectivas realizaranse do día 8 de setembro de 2022 ao 21 de xuño de 2022, ambos inclusive.

Os períodos de vacacións escolares no curso académico 2022/23 serán os seguintes:

– Nadal: desde o día 23 de decembro de 2022 ata o día 6 de xaneiro de 2023, ambos inclusive.

– Entroido: os días 20, 21, 22 de febreiro de 2023

– Semana Santa: desde o día 3 ata o día 110 de abril de 2023, ambos inclusive.

Días festivos.

   Son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellaría de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, en exercicio das competencias que lle atribúe o artigo 45 do Real decreto 2001/1983, do 28 de novembro (BOE do 7 de novembro) e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da antedita consellaría.

    Considéranse  días  non   lectivos  para  efectos  académicos,  ademais  das  festas  laborais de carácter  local  publicadas  por  resolución   da  Consellaría de  Xustiza,  Interior e  Relacións Laborais, as festivi­dades correspondentes ós patróns de cada nivel de ensino:

       -A festividade de o “Día do Ensino”  o 31 de outubro de 2022

      - Os escollidos polo centro están pendentes de aprobación.

 

CELEBRACIÓN DE CONMEMORACIÓNS.

  Durante o curso escolar celebraranse, como mínimo, as seguintes conmemoracións:20 de novembro de 2022: Día Universal da Infancia.
– 25 de novembro de 2022: Día Internacional contra a Violencia de Xénero.
– Do 30 de novembro ao 7 de decembro de 2022: conmemoración da Constitución e do
Estatuto de autonomía de Galicia.
– 3 de decembro de 2022: Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
– 10 de decembro de 2022: Día da Declaración Universal dos Dereitos Humanos.
– 24 de xaneiro de 2023: Día Internacional da Educación.
– 30 de xaneiro de 2023: Día Escolar da non Violencia e da Paz.
– 23 de febreiro de 2023: Día de Rosalía de Castro.
– 8 de marzo de 2023: Día Internacional da Muller.
– 15 de marzo de 2023: Día Mundial dos Dereitos do Consumidor.
– Do 6 ao 10 de marzo de 2023: Semana da Prensa. Un día desta semana traballarase na aula con xornais.
– 1 de abril de 2023: Día das Artes Galegas.
– 7 de abril de 2023: Día Mundial da Saúde.
– Do 17 ao 21 de abril de 2023: Semana do Libro.
– 2 de maio de 2023: Día Internacional contra o Acoso Escolar.
– 9 de maio de 2023: Día de Europa.
– Do 15 ao 19 de maio de 2023: Semana das Letras Galegas.
– 5 de xuño de 2023: Día Mundial do Medio Ambiente.
– De conformidade co establecido no artigo 26.2 da Lei 2/2014, do 14 de abril, pola igualdade de trato e a non discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais en Galicia, para favorecer a visibilidade e integrar de forma transversal a diversidade afectivo-sexual, os centros docentes sostidos con fondos públicos realizarán actividades específicas próximas ás datas de celebracións internacionais relacionadas co recoñecemento efectivo do dereito destas persoas.

Estas datas son lectivas para todos os efectos.

FESTAS DA COMPAÑÍA DE MARÍA:

  Nena María (20 de novembro)  e Santa Xoana de Lestonnac (15 de maio)