Muíño de Pedroso 4ºEP

O pasado mércores os nenos e nenas de cuarto de primaria pasaron un día inesquecible nunha paraxe natural fermosísima á beira do Río Xubia.

Desprazáronse ata o Muíño de Pedroso onde realizaron obradoiros de pan, marmelada, coiro e pegadas de animais. Despois de tanto traballo ben merecido tiñan o seu riquísimo almorzo e un bo xeado, xa que o día acompañaba. O día non estaba completo sen a súa ampla sesión de xogos, cos que gozaron ao longo do día.

Sen dubida, un día moi divertido e especial para todos! Preme na imaxe.

pedroso17