Semana chea de estupendas actividades

Con motivo da celebración das Letras Galegas tivemos moitas e variadas actividades que nos fixeron aprende e desfrutar. A fermosa exposición do traxe galego a de Carlos Casares. Nos visitaron dous incribles artistas galegos. O escritor Héctor Cajaraville e o músico Ariel Ninas.

Héctor Cajaraville falounos dos seus libros, ten seis, e comezou a sua carreira como escritor tan so fai seis anos. Transmiteunos a pasión por escribir, e recalcou, que nunca é tarde para comezar o que a un realmente lle gustaría facer. 

Xa ten en mente comezar un novo libro dedicado ao público infantil, que esperamos poder desfrutar tanto como fixemos coa "Caixiña dos rancores" e " Quén da a quenda?"

 

 Con Ariel Ninas pasamos uns momentos moi fermosos, descubreunos os segredos da zanfona. Este curioso e incrible instrumento é nas mans desde gran músico un regalo para o que o escoita. Desfrutamos moito do seu concerto.

 

 

O traxe galego, con todas as suas variedades, é fermoso de verdade, as pezas que están expostas no colexio, dan boa conta desto.