Exposición "Sonoro Empeño"

O pasado martes 17 de outubro os nenos de nenas de 4º E.P. visitamos a exposición Sonoro Empeño na sede Afundación.

Alí descubrimos a relación entre a música e as artes plásticas. Dividímonos en cinco grupos Rock, Jazz, Clásica, Galega e Heavy Metal co fin de atopar as obras pictóricas do noso estilo musical seguido unha serie de pistas. Convertémonos en detectives por uns minutos!! Despois fixemos unha excelente posta en escena explicándolle aos compañeiros as nosas conclusións.

Finalmente, pintamos unhas obras de arte ao ritmo da música. Gustounos tanto a exposición que algúns estamos desexando volver a vela cos nosos pais!