Family Experience Interioridad

Volveu a interioridade en familia  no obradoiro de mandalas que se  levou a cabo este sábado 21 de outubro de 11h a 12h. Sen dubida unha boa maneira de gozar dun sábado en familia dun xeito totalmente diferente.

Nesta ocasión tivemos a oportunidade de aprender a expresarnos a través dos mandalas. Primeiro fixemos unha pequena charla teórica ,despois nos relaxamos pintando mandalas e por útimo a gozamos facendo mandalas humanos na nosa aula de interioridade.

Sen dúbida unha actividade perfecta para liberar todo o estrés acumulado durante a semana, tanto dos nenos e nenas coma dos maiores da casa.

Velaquí tedes un pequeno recordo  do que foi a divertida e relaxante actividade de Interioridade en Familia  deste sábado. Esperamos poder repetir o antes posible e tamén sorprendervos con novas e orixinais iniciativas. Parabéns a tódolos asistentes!