Semana terrorífica na biblioteca.
Este ano a nosa biblioteca incorpórase á celebración do Samaín cunha actividade de animación á lectura nunha ¨Semana terrorífica¨.
Explícase nas aulas o conxunto de tradicións e costumes que durante estas datas teñen presenza no noso contorno.
Ademais de ambientar os corredores e a propia sala da biblioteca con pantasmas, cabazas e morcegos, os alumnos de EP e ESO len cada día nas clases un fragmento dun libro de medo, e os nenos e nenas de EI visitan a biblioteca para escoitar algún conto especial...
Feliz Samaín!