Samaín.

O martes 31 de outubro, celebrouse unha festa do Samaín no patio, organizada polo AMPA do colexio. Participaron especialmente dela os máis pequenos, que acompañados dos seus pais, gozaron dunha “agradable e terrorífica” tarde, animada e ambientada na temática do Samaín.


Dende a Asociación de Nais e Pais do cole, agradécese a todos os nenos/as e ás súas familias, o tempo adicado a facer as cabazas para o concurso. Elixíronse as ganadoras, e durante a festa, fíxose entrega dos agasallos aos de infantil e 1º e 2º de primaria. Aos outros cursos participantes daránselles no aula o xoves.


Si queredes ver as cabazas entregadas, podedes visitar o blog do AMPA.

 

http://apaciamariaferrol.blogspot.com.es