Voluntarios del taller "Di-K-Non" visitan o colegio.

Celebrouse no noso centro a primeira das actividades orientadas á prevención de drogodependencias para secundaria a cargo da Fundación Barrié e o Centro Penitenciario de Teixeiro: Di K Non.

Fumos elixidos entre todos os centros de Galicia para levar a cabo esta fabulosa experiencia, na que compartirmos as vivencias vinculadas ao mundo das drogas con cinco reclusos do centro penitenciario.

A actividade consistíu nunha representación teatral por parte do centro penitenciario unha presentación dos efectos persoais e sociais do consumo de drogas e finalmente un coloquio cos reclusos tremendamente impactante para o alumnado.

A semana que ven, o alumnado de cuarto achegarase a visitar o módulo terapéutico do centro penitenciario para seguir realizando obradoiros ao respecto.

Di-K-Non é unha experiencia educativa para previr o consumo de drogas en adolescentes, na que os internos da UTE (Unidade Terapéutica Educativa) do Centro Penitenciario de Teixeiro comparten as súas experiencias con escolares galegos coa finalidade de previr aos adolescentes sobre o consumo de drogas. Máis de 7.800 alumnos participaron nestes talleres dende a súa posta en marcha en 2011.

Dende o centro queremos agradecer a todo o persoal participante a súa profesionalidade e boa disposición. Estamos moi contentos co resultado. 

Noticia Voz de Galicia.