Contra a Violencia de Xénero.

Os alumnos da ESO do noso colexio, como todos os anos, rememoramos a xornada mundial Contra a Violencia de Xénero, unha das máis devastadoras violacións dos Dereitos Humanos.

Seguindo a iniciativa proposta por varios concellos, que invita a pintar a cidade de negro a modo de reinvindicación contra este problema social, fixemos unha parada dun minuto, e pintamos as nosas mans de negro.