CHEGOU O NADAL!

Os alumnos e alumnas de secundaria celebraron  a chegada do Nadal.

En primeiro lugar, algúns rapaces e rapazas de ESO escenificaron unha adaptación da peza teatral  Auto de los Reyes Magos,  onde amosaron as súas extraordinarias  dotes artísticas  ante un público entregado.

A continuación, todas as clases colaboraron na interpretación das súas panxoliñas.

 

Desexámosvos a todos unhas felices festas.