Family Experience: Paco Nogueiras

O vindeiro sábado 20 de xaneiro teremos con todos nós ao gran PACO NOGUEIRAS que nos presentará o seu espectáculo BRINCA VAI!🎶

Día: Sábado 20 de xaneiro
Hora: 12.00h
Lugar: Salón de actos
Prezo nenos/as (ata 16 anos): 2€
Prezo adultos: 3€

Aparcadoiro 🚗 no patio.
As entradas 🙋‍♀️ poderanse adquirir de forma anticipada no colexio.

"Brinca Vai!" É un camiño cheo de pasos grandes, pasos pequeniños, de carreiras e chimpos, de risas, de bailes, de notas, melodías, e sobre todo de xogos. De xogar a pensar...Por que non? De abrir os brazos e os ollos e realmente crer que hai un xeito diferente de facer as cousas.

Paco Nogueiras