Unha experiencia de "Vida".

A área Educativa de Afundación de Ferrol, proxectou este venres 12 de xaneiro para todo o alumnado da ESO o curtametraxe “Vida” e o documental “Máis ca vida”. O director do proxecto, o cineasta galego Rubén Riós, subiu a contar a súa experiencia, o proceso do traballo e contou ademais coa axuda do protagonista que transmitiu a súa propia e difícil vida persoal atendendo as preguntas con moito cariño.

O documental plasma os testemuños reais do día a día do mundo que rodea a un colectivo de persoas con capacidades diferentes que amosan o que son capaces de facer. Recolle en imaxes os momentos de ensaios aos que tiveron que enfrontarse de cara á rodaxe en ligazón aos seus medos, alegrías, interrogantes, dificultades… aos seus sentimentos. O guión da curtametraxe escrito por e para eles, conta coa axuda de recoñecidos actores e actrices, como o ferrolán Javier Gutiérrez e Cristina Castaño.

Estes dous proxectos son un instrumento pedagóxico para a sensibilización e comprensión das capacidades diversas na vida e ofrecen un formato pioneiro que nos transporta a un mundo de emocións no que descubriremos que a ficción e a realidade van collidas pola man.

Preme para ver as imaxes.