Festa do dragón

BENVIDO  Moli!

Sobre  as 10:30 h desta  mañá,  os nenos de 4 anos puideron ver  dende  as súas aulas como o seu amigo chegaba  ao patio  do cole  enriba dun enorme  dragón! (Grazas ao alumnado da ESO pola colaboración).

Nunha balanza que  pousaba nos ombreiros, traía  unha  chea de  agasallos para repartir entre todos:  chuches chinesas, paliños chineses, un  traxe de seda, dous parasoles, e ata uns saquiños de té!
Emocionados e agradecidos  pola sorpresa, prepararon  unha  festa para  recibilo como se merece; música,  contos, bebida, comida... e  unha preciosa decoración!
 
Preme para ver imaxes.