Unha Granxa escola na clase.
A semana pasada tocou traballar as aves en 2º EP. Todo comezou o luns. A clase convertiuse nunha pequena granxa escola onde os granxeiros e granxeiras mimaron con moito agarimo os ovos e crías de galiña e codorniz. Metéronse nunha incubadora e calculouse para que empezasen a nacer entre o martes e mércores.
A primeira en saír... unha cría de galiña! Os nenos chamáronlle Nuggets. Foi unha gran alegría para os rapaces e rapazas. O xoves, xa había máis de vinte crías. Visitáronnos os compañeiros de infantil e primaria. E o mellor é a gran aprendizaxe dos rapaces e a sensibilidade que mostraron durante toda a semana.
Unha experiencia única, emocionante e moi enriquecedora!