Hábitos alimentarios.

Os pasados 8 e 15 de marzo o alumnado de 4º de EP acudimos ao Eroski da Gándara co programa Coñece o teu supermercado.

A visita comezou cunha charla nas nosas clases onde Ana explicounos unha morea de cousas sobre o supermercado: como se organiza, cantos traballadores hai, cales son as súas seccións… Ademais, axudounos a lembrar algo que xa estudaramos no cole: os grupos de alimentos e a súa organización na pirámide alimentaria.

Unha vez alí, puidemos comprobar cales son as seccións máis importantes: as dos alimentos frescos! Paseamos pola zona das froitas, verduras e hortalizas e aprendemos a diferenciar os produtos da zona! Sabiades que neste supermercado os alimentos galegos sinálanse cunha bandeira de Galicia?

📷 (Preme para ver imaxes)

Na chacinaría e carnicería observamos as medidas de seguridade que respectan as persoas que traballan alí: zapatos de seguridade, mandís e luvas metálicas... e na peixería explicáronnos como recoñecer se o peixe é fresco.

Finalmente, ofrecéronnos unha merenda saudable a base de froita, iogures e zume de laranxa natural. Estaba todo delicioso!! Ademais, fixemos unha serie de xogos con froitas e verduras que algúns de nós non coñecíamos.

Antes de volver ao cole, obsequiáronnos cunhas mochilas cheas de produtos e un vale desconto.

Foi unha mañá moi divertida!!