Extinción incendios forestais

Os incendios forestais poden constituír unha ameaza para o desenvolvemento rural, ademais de comprometer a sustentabilidade económica e social de Galicia.

O mércores 21-3-2018, con motivo do día da árbore e o día mundial da auga, estiveron na Compañía de María, técnicos e axentes medioambientais da Xunta, para dar conferencias sobre prevención de incendios e como actuar ante unha alerta de incendio.

Inclúe un vídeo gravado por eles mesmos e unha demostración práctica cunha motobomba usada na extinción de incendios.

Foi para todos os alumnos do colexio.

👉 Preme para ver as imaxes