E.P. ... de excursión!

O xoves 22 de 2018, aproveitando un respiro que nos deu o tempo... decidimos irnos de excursión neste segundo trimestre.

Foi un agasallo para a vista! Paisaxe de costa galego en estado puro. Ademais, "encargamos" un día espléndido de sol, despexado, sen vento, e cunha temperatura para a nosa sorpresa... bastante agradable.

Visitamos San Andrés de Texido, ("quen non vai de vivo..."), fixemos unha pequena oración na capela e baixamos á fonte para tomar o aperitivo de media mañá. Algún regalito collémonos de recordo á volta para o autobús.

Logo, fómonos á Garita de Herbeira, onde vimos as montañas nevadas ao fondo, o parque eólico, e un dos acantilados máis impresionantes e dos máis grandes de Europa.

De aí a Cabo Ortegal, pasando por Agarimo e por fin... a comer ao área recreativa de Mera.

Comemos, xogamos ao fútbol, á cordo, á petanca,...

Pasámolo xenial.

 

📷 Preme para ver imaxes