Semana do libro

Achégase a celebración da nosa Semana do Libro, que abrangue do 23 ao 27 do mes de abril.

 

Dado que neste curso escolar o obxetivo xeral do Centro está relacionado co coidado do noso patrimonio, gustaríanos aunar a lectura e a nosa cidade nunha actividade conxunta.

Propoñemos facer unha exposición fotográfica con escenas que simbolicen o acto de ler nalgún espazo emblemático da nosa bisbarra.

As imaxes impresas poderanse entregar aos titores de cada clase ao longo dos días 16,17 e 18 do presente mes. No reverso indicarase o nome do alumno/a e o lugar representado na foto.

Grazas por facer posible esta iniciativa coa vosa colaboración. Saúdos.

👉  Reportaxe exposición fotográfica.  📷

 

A dirección e o equipo de biblioteca.