Resposta á petición de consulta presentada por familias do colexio

En resposta á petición de consulta presentada por familias do colexio sobre a posibilidade da xornada continua, a dirección do centro quere comunicar que está estudando dita solicitude en coordinación co Equipo de Titularidade  da Compañía de María.
Neste proceso, debemos analizar a repercusión que tería o resultado da consulta, valorando de xeito reflexivo e realista as dúas opcións (a xornada partida e a continua).
Temos en conta que  as familias precisan conciliar a vida laboral e a vida escolar dos fillos; e que unha resolución favorable á proposta, afectaría á capacidade organizativa do centro e á comunidade educativa na súa totalidade.
Como sabedes, non é unha decisión sinxela e estamos tratando de buscar a alternativa máis beneficiosa e factible.
En calquera caso, a xornada continua, no suposto de ter sido aprobada, non podería facerse efectiva antes do curso escolar 2019-20.
 
Moitas grazas a todos e todas polo voso compromiso co colexio.
 
A dirección.