APRENDE A LER FERROL

 ¨Un libro es un pájaro con más de cien alas para volar¨. (Ramón Gómez de la Serna)

Esta é a idea que inspirou a ambientación da escaleira principal do colexio: libros como paxaros. En cada unha das siluetas de diferentes aves traballadas de forma individual polos alumnos, hai personaxes de contos, títulos de novelas, metáforas, recomendacións... Cada etapa educativa colaborou tamén deseñando unha das tres grandes imaxes centrais: un moucho, unha pomba e unha ave fénix, símbolos moi presentes en moitas historias da tradición literaria. Xa está aberta a exposición fotográfica ¨Aprende a ler Ferrol¨, unha das actividades propostas con motivo da Semana do Libro 2018.

            Como ben sabedes, a idea da mostra era unir o mundo da lectura co patrimonio cultural e natural da nosa comarca. Os libros e os nenos e nenas encheron de vida moitos lugares da nosa cidade durante estes días. As imaxes amosan espazos sorprendentes, descobren recunchos escondidos, retratan escenarios para a lembranza... 

            Grazas a todos pola vosa resposta e colaboración.  Podedes visitar a exposición do 26 de abril ao 4 de maio no seguinte horario:

-     Pola mañá: de 13.00 h a 13.30 h.    //    Pola tarde: de 17.00 h a 17.30 h.

👉 Reportaxe de imaxes (Actualizado 1-5-18) 📷