Excursión 3 ESO

Hoxe o alumnado de 3 ESO realizou a súa excursión do trimestre a A Coruña. Foi unha xornada do mais interesante dado que, tras un almorzo de confraternización a base de cereais de todo tipo, participamos nun obradoiro sobre adolescencia e adiccións ás novas tecnoloxías da man da Fundación Barrié.

O noso centro brillou polas súas aportacións no desenvolvemento do obradoiro, polo que estamos moi orgullosos/as...

Para rematar o día tivemos o privilexio de poder subir á Torre de Control de Salvamento Marítimo no porto de A Coruña onde nos explicaron cómo se controla o tráfico marítimo e se atenden as emerxencias no mar.

Deixáronnos subir á terraza da planta 13... unhas vistas espectaculares!!!!!