Excursión 3ºEP: Pedroso

O luns 7 de maio de 2018, as nenas e nenos de 3 de EP do colexio visitaron o Muiño de Pedroso.
Alí puideron comprobar de primeira man que se sinte ao traballar na elaboración de diferentes productos.
 
En concreto participaron en talleres de marmelada, pan e coiro. Tamén puideron observar o funcionamento do muiño.
 
Foi un día de aprendizaxe divertido en contacto coa natureza no que ademais... puideron levar aquilo que fixeran!!!