Excursión 6ºEP

Os alumnos de 6°EP xa están recuperados despois da gran excursión de fin de curso que fixeron o pasado 2,3 e 4 de maio a terras cántabras visitando de paso o Museo do Jurásico en Colunga (Asturias). 

Excursión chea de actividades e visitas moi interesantes como ao Parque de Cabárceno, Santillana del Mar e a Neocova de Altamira.