Festa dos Maios 18

A Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra coa colaboración do Concello de Ferrol, organizou por terceiro ano consecutivo un evento primaveral onde celebramos a chegada da primavera e apóstase pola recuperación da festa dos Maios. 
 
O noso cole sumouse por primeiro ano a esta iniciativa participando coa elaboración dum maio  que representa o edifício do colexio e unha cantiga con letra que Non puído ser interpretada na plaza por mor da chuvia, que finalmente  obrigou a suspender o acto.
Do que si puidemos gozar, foi da actuación de Paco Cerdeira, Pakolas, que cantou a Ferrol, de Flores cuberto!, unha cantiga composta para o momento.
 
Finalmente marchamos ao cole onde tamén se refuxiaron do tempo os nosos compañeiros do Colexio Lestonnac de Caranza, e xuntos, improvisamos unha representación das nosas cantigas de maio no salón de actos!
Un agasallo compartir con eles este momento, a pesar da tristura de alguns por Non poder subir ao gran escenario.