Santa Xoana 2018

Un ano máis, estivemos de festa grazas á nosa fundadora: Santa Xoana de Lestonnac. Este ano, o proxecto da FISC que apoiamos foi o de Bedou, en Haití, onde temos un colexio dirixido pola Compañía de María.

O martes 15 de maio, os pequenos de infantil, 1º e 2º de primaria xuntáronse o a capela do colexio para facer unha sinxela e bonita celebración, mentres que os "maiores" de 3º de primaria en diante, xuntabámonos na Concatedral de San Julián para ter unha eucaristía, á vez que tiñamos moi presentes aos nosos compañeiros/as de 4º da ESO, que este ano, como tantos outros, tócalles despedirse. 

O mércores 16 seguimos coas diferentes actuacións, os deportes, a tómbola, a comida,... 

Grazas a todos polo esforzo e o traballo realizado, e por habernos dado a posibilidade de gozar xuntos nuevamente dunhas agradables festas.

 

👉 Reportaxe de imaxes e vídeo