Welcome! London City

MOLI recibiu unha mensaxe que dicía así:

Querido Moli:
sabes o que lin onte? Algo increíble!
Que en Londres viven as señoras piruletas, que a cidade ten un ollo, e as persoas viaxan montadas en pato...
Así foi que Moli saíu dirección a capital británica para comprobar se toda esta información era certa.
 
As aulas de 4 anos traballamos tamén buscando e contrastando todo tipo de información,
e mesmo chegamos a tomar o te con pastas ás cinco da tarde coa Raíña Isabel II,
viaxamos en autobús conducindo polo lado contrario e construimos o Big Ben para ollar as horas cada día!
Foi unha viaxe estupenda e MOLI aprendeunos cunha morea de cousas...
See you on the next trip!!!