Marcelle 4º EP (Maio 18)

O día 30 de maio os nenos e nenas de 4º EP fomos de excursión ao Parque Natural de Marcelle, en Lugo.
Ao chegar, coñecemos aos nosos monitores: Dani, Carlos e Topanga (descendente dunha tribo india americana). Fomos ver aos animais e deixáronnos darlle de comer ás ovellas. No Bosque Máxico había moitos animais soltos como emues, xabaríns, muflóns, wallabys e cervos, entre outros.
Tamén fixemos algunhas actividades como tiro con arco e puidemos visitar a tenda de agasallos onde mercamos algún recordo.
Ainda que non parou de chover, pasamos un día estupendo! Dende aquí só podemos darlle as grazas aos monitores!