Comigo, Contigo, en Compañía.

COMIGO. Abrimos a porta a un novo curso e tras ela atopamos novas oportunidades, soños, compañeiros de traballo, amigos... para seguir escribindo a nosa vida. 
 
 
CONTIGO. Este curso recibimos unha invitación moi especial a abrir os ollos, as mans, o corazón e vivir o valor da acolleita, tan necesario no noso mundo de hoxe. 
 
 
EN COMPAÑÍA. A ACOLLEITA é un xeito de ser, estar e actuar, caracterizada pola apertura, a dispoñibilidade e a actitude de servizo.
Santa Juana de Lestonnac díxonos hai máis de 400 anos: mantede a amizade entre vós. E este ano queremos acoller esta invitación e facela vida no noso Colexio.
Conta comigo, conto contigo, conta coa Compañía de María.