Convivencia S. Felipe 5ºEP - 6ºEP (1-10-18)

Onte os alumnos e alumnas de 5º e 6º de primaria do colexio Compañía de María de Ferrol pasaron un día todos xuntos de convivencia en San Felipe. 
 
Primeiro fixeron unha andaina ata o castelo de San Felipe. Antes da visita ao castelo fixeron unha parada nunha área recreativa a carón da fortaleza para tomar un aperitivo e repoñer forzas. Despois, recibiunos no castelo o guía cunhas roupas de época moi axeitadas para a ocasión. Ensináronlle aos nenos e nenas cada recuncho da fortaleza militar explicando con detalle os usos da mesma e momentos históricos máis reseñables que ocorreron na zona, resolvendo as dudas dos rapaces e rapazas en todo momento.
Cando rematou a visita, pararon outra vez na área recreativa para comer e gozar de tempo de lecer todos xuntos, con xogos, en compañía. 
En definitiva, pasaron un día de convivencia moi interesante e divertido! Preme para ver imáxes