Encontro de grupos Lestonnac de toda España en Madrid

Os días 26, 27 e 28 de outubro, preto de 700 persoas de Grupos Lestonnac participaron no II Encontro Provincial na Serra de Guadarrama (Madrid). Estivemos a vivir os valores da Compañía de María e facendo vida o lema deste curso: Comigo, Contigo, en Compañía. Grazas aos 20 Colexios de España, isto fíxose realidade e grazas aos nenos, adolescentes, novos e animadores que fortaleceron este “Encontro”.
Acollida, ilusión, esforzo e compañeirismo apareceron como por encantamento. Como non, superando dificultades, e asumindo ese sentimento de crecer "en Compañía”. Xogamos, divertímonos, apreciamos o que os outros nos ofrecían… , rimos, compartimos o pan, celebramos a vida, entusiasmámonos, en fin, … foron uns días cheos de ilusión e de alegría.
Todo iso e moito máis, foi este II Encontro Provincial de Grupos Lestonnac que fixemos posible e o cal se converteu nunha agradable realidade e experiencia para todos os que tivemos a sorte e a oportunidade de gozalo.
Comigo, Contigo, en Compañía … con GRUPOS LESTONNAC !!!
Que pouco durou!!! Foi incrible!!!!!
Para ver o día a día das xornadas e imaxes, que din máis que mil palabras, preme aquí e verás o blog de Grupos Lestonnac Galicia.