“Gravando en Compañía” comeza xa!!

O pasado martes 30 de Outubro comezou para os alumnos voluntarios de 3º da ESO o novo obradoiro de radio dirixido pola profesora Ana Naveiras. Ao longo do curso os alumnos daranse cita todos os martes ás 15:30 h e aprenderán a realizar guións e escaletas dun programa de radio e coñecerán as técnicas de gravación, edición e publicación dun “podcast”.Igual que aconteceu o curso pasado poderán ter unha experiencia real nunha emisora de radio local e así descubrir o marabilloso mundo das ondas.

“Gravando en Compañía” comeza xa!!