NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO

Os alumnado do Colexio Compañía de María de Ferrol, en nome de todas as persoas que formamos parte deste centro educativo, queren sumarse, un ano máis, ao Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller.

A labor educativa que fai este colexio dende hai anos para concienciarnos e sensibilizarnos sobre a grave lacra da violencia contra as mulleres é algo do que todo o alumnado debe sentirse profundamente orgulloso.

Neste día tan sinalado, trasladamos dende aquí, un emotivo recordo para todas as mulleres que foron asasinadas polos seus maltratadores e para os e as menores que quedaron orfos.

Como pode un ser querido realizar un acto de crueldade tal? Que pode pasar pola cabeza dun rapaz ou rapaza ao que lle arrebatan a súa nai dese xeito? Porqué a mocidade cada vez ve como algo máis normal o control por parte da súa parella?

A explicación atopámola no machismo que aínda existe na sociedade e nas desigualdades que continúan prevalecendo entre mulleres e homes. E tarefa das Administracións Públicas e da sociedade en xeral, acabar conesta violencia apoiando ás vítimas, facéndolles saber e ver que non están solas, coa mensaxe de que, da violencia pódese saír.

Como xente nova que somos, debemos reflexionar sobre os casos queseguen a darse entre a poboación máis moza; seguro que algún ou algunha de nós, coñece ou coñeceu algún acto de violencia de xénero en parellas da nosa idade, por mínimo que pareza, chámase VIOLENCIA.

Por isto, consideramos prioritario seguir fomentando a educación enigualdade dende ¡dades moi temperás eliminando os estereotipos e, sobretodo na adolescencia, ensinándonos que o respecto é un valor fundamental e que todos, mulleres e homes, somos iguais dende as nosas diferenzas. Isto facémolo neste colexio dende hai moito tempo, agora debemos ser nos os que o traslademos á sociedade.

Moitas grazas.