Paz 2019

 

O mércores 30 de xaneiro, toda a comunidade educativa da Compañía de María, celebramos un pequeno acto para conmemorar o DENIP (Día escolar da non-violencia e da Paz).

O seu obxectivo é  promover unha mensaxe de renuncia a danar aos demais seres  e fomentar a acción non- violenta e respecto por nós mesmos e polos demais. 

Primeiro fíxose lectura dun manifesto. Despois cociñamos unha saborosa "Receita de Paz", á que fomos engadindo, cada curso, saborosos ingredientes para facer unha receita saudable con produtos naturais e ecolóxicos: xustiza, amizade, amor, alegría, xenerosidade, solidariedade,  empatía, amabilidade, respecto, liberdade, paciencia, responsabilidade e confianza.

Levamos a palabra paz en diferentes idiomas, fixemos un baile (Eu contigo, ti comigo) e finalmente... entrelazamos os nosos eslabóns con desexos de paz, formando o símbolo do infinito, (imaxen do lema deste ano, - "Comigo, contigo, en Compañía).

 👉👉👉 Enlace Prensa: Voz de Galicia.


PAZ!!!!!!