Día de Rosalía - Febreiro 2019

O ciclo de Primaria realizou un acto conmemorativo do Día de Rosalía no salón de actos. Alí os profes do cole Carolina Rodríguez, Mundo Bakale e Alberto Hermáns interpetaron o tema de Uxía "No bico un cantar". Un poema que lle escribíu Manuel Curros Enríquez aló polo 1885 a  Rosalía cando morreu.
 "...hai dos que levan na frente unha estrela, hai dos que levan no bico un cantar".
 
A ROSALÍA
Do mar pola orela
mireina pasar,
na frente unha estrela,
no bico un cantar.
E vina tan sola
na noite sin fin,
¡que inda recei pola probe da tola
eu, que non teño quen rece por min!
 
A musa dos pobos
que vin pasar eu,
comesta dos lobos,
comesta se veu…
Os ósos son dela
que vades gardar.
¡Ai, dos que levan na frente unha estrela!
¡Ai, dos que levan no bico un cantar!
Manuel Curros Enríquez